In Sin categorizar

A historia de Donna, como por desgraza tantas outras aquí, é cruel. Esta «grifoncita» deambulaba pola Illa de Arousa nun estado lamentable, co útero perforado de ter camada tras camada. Probablemente usárona para criar e con 9 anos, cando xa non lles servía, abandonárona. Afortunadamente, aínda quedan persoas de corazón inmenso e, uns meses despois de chegar á Protectora, tivo a inmensa sorte de que a adoptase unha familia encantadora. Escribíronnos estas fermosas palabras que esperamos sexan exemplo do bonito que é adoptar un animal e as satifacciones que nos dá:

«Que contentos estamos de adoptar a Donna… Ela é un gran amor de cadela. O noso desexo é que moita xente queira adoptar cans da canceira e sobre todo maiores. Ela fainos reir moito e divírtenos a miúdo. Como é maior , dorme moito pero tamén quere saír sempre, pasear e xogar con outros cans.»

Grazas á súa nova familia…de corazón.

Xa sabedes, ANIMÁDEVOS A ADOPTAR!

Recent Posts