SE UN CONDUTOR ATROPELA A UN ANIMAL EN CIUTADELLA (MENORCA), QUE ANDA SOLTO POLA VÍA PÚBLICA, ESTÁ OBRIGADO A PRESTARLLE SOCORRO, E NON FACELO PODE SUPOÑER UNHA MULTA DE ATA 750 EUROS.
Así o establece a ordenanza municipal de animais, que está en vigor desde o pasado 30 de decembro, e que especifica que «en caso de atropelo dun animal na vía pública, sen que o propietario estea localizado, nunca se poderá abandonar a un animal ferido». É máis, remarca que «o condutor está obrigado a trasladalo ou facelo trasladar ao centro veterinario máis próximo e en caso de estar pechado, débese poñer en coñecemento da Policía Local, para que dea as instrucións pertinentes».
A normativa municipal tamén aclara que se non se pode localizar ao condutor que ocasionou o accidente, serán os servizos municipais os encargados de recoller o animal ferido e trasladalo ao veterinario, aínda que remarca que «mentres tanto se buscará á persoa responsable do accidente para esixirlle responsabilidades», e «no caso de que sexa culpable dos feitos, reclamarlle os gastos inherentes ao sucedido».
O incumprimento desta obrigación está tipificado como falta leve, o que pode supoñer unha sanción económica de ata 750 euros.
A norma é aplicable ao conxunto do termo municipal, aínda que só afecta os animais con propietario, polo que se, por poñer un caso, un condutor atropela a un animal salvaxe (como, por exemplo, un coello), nesta caso non é obrigatorio prestar socorro, explica o concelleiro de Sanidade, Lorenzo Coll.
A ordenanza, que regula todos os aspectos relacionados coa tenencia de animais, tamén prohibe manter máis de dúas horas ás mascotas en vehículos estacionados e mesmo razoa que «no verán, os vehículos que alberguen no seu interior algún animal teñen que estacionar nunha zona de sombra e facilitar en todo momento a ventilación».
En caso, advirte a normativa, de que se detecten mascotas en perigo dentro dun coche e que a Policía Local non ache ao seu propietario, «poderá rescatar ao animal, «cos medios que crean necesarios para acceder ao interior do vehículo».
Agora ben, os gastos do servizo e os posibles danos repercutirán ao propietario do animal e/o do coche. Este tipo de falta está considerada como moi grave, polo que os infractores pódense enfrontar a multas que poden oscilar entre 1.501 e 3.000 euros.
Fonte: http://menorca.info/