Virutas
Descrición
Descrición
Hola! Chámome Virutas, son unha cadelita moi boíña, aínda que estou un poco toliña. Son moi alegre e cariñosa e moi divertida. Gústanme os meus compañeiros e compañeiras peludos/as e tamén a xente, pedirlle mimiños e carantoñas.
Paseo moi ben, aínda que ás veces pódeme o meu olfato de “metade sabuxa” e tiro un pouco da correa para cheiras todo ese mundo de olores que tanto me gusta.
Se estás interesada/o en adoptarme chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org), contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia) ou por instagram.
Información adicional
Información adicional
| Especie | Can |
|---|---|
| Raza | Mestiza (Sabuxo) |
| Sexo | Femia |
| Tamaño | Mediano |







