Cheta

Categoría:
Descrición

Descrición

Ola a todas e todos!

Chámome Cheta, son unha cadeliña de tamaño mini pero cun enorme corazón. Son moi boíña e tranquila, gústame moito a xente e estou a pedir mimiños todo o tempo. Tamén son moi alegre, divertida e pizpireta. As miñas madriñas da prote cren que xa estiven nun fogar porque son moi educada, entro soíña nos transportíns, saio a pasear de maravilla, son moi limpiña e lévome moi ben co resto de coompañeiros/as peludos/as, aínda que son un pouco mandarica.

Se estás interesada/o en adoptarme chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org), contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia) ou por instagram.

Información adicional

Información adicional

Especie

Raza

Sexo

Tamaño

Desde 29/06/2023