Rubi

SKU: 695 Categoría:
Descrición

Descrición

Ola chámome Rubi e son un dos cans que rescataron da canceira ilegal de Vincios hai anos. Alí vivín un inferno, cando o Seprona veu sacarnos, atopáronnos sucios, desnutridos, algúns enfermos e rodeados de excrementos e cadáveres de compañeiros meus en descomposición. Como podedes ver na foto, son un cruzamento de bóxer de grandes ollos tristones, xa maiorciña. Cando se achega ao recinto alguén que non coñezo, ladro sen parar, pero cando entran no recinto e vexo que son amigos póñome á cola para pedir mimos, e mesmo tento saltarma, jeje. Cos meus compañeiros de recinto non teño ningún problema, pero espero non ter que pasar moito tempo con eles porque o que necesito é atopar un fogar. Despois de vivir o inferno de Vincios, non me gustaría morrer sen chegar a coñecer o que é a calor dunha familia e un fogar. Dásme unha oportunidade?Se estás interesado en darme unha oportunidade chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org) ou contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia)

Información adicional

Información adicional

Especie

Raza

Sexo

Tamaño

Data de nacemento
Na prote dende 10-06-2014