Rachito

Categoría:
Descrición

Descrición

Ola! Chámome Rachito. Son un can noviño e na miña curta vida sufrin moito. Cheguei ao refuxio hai un tempo cun golpe na cara, unha perna rota e unha ferida aberta na outra perna. As miñas coidadoras non saben o que me puido pasar na miña vida antes de chegar, pero o que si saben é que non puido ser nada bo. Cando cheguei estaba absolutamente aterrorizado de todo, calquera ruído, por pequeno que fose, facíame tremer e fuxir para meterme debaixo de algo… ata o ruído do vento asustábame 🥺. Pouco a pouco con paciencia, traballo e moito amor, comezei a sentirme seguro, tranquilo e fun vencendo medos. Mellorei moito neste tempo pero aínda teño que seguir mellorando, e que mellor que facelo nunha casiña con moito amor e coidados. Queres darmos ti?

Se estás interesada/o en adoptarme chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org), contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia) ou por instagram.

Información adicional

Información adicional

Especie

Sexo

Raza

Tamaño

Data de nacemento 01/12/2023

Desde 19/06/2024