Daisy

SKU: 182 Categoría:
Descrición

Descrición

Chámome Daisy e son un cruzamento de pastor que entrou na Protectora con só 2 mesitos. Así que crecín aquí, entre os meus irmáns (tiña 5, que xa foron adoptados). Lévome xenial cos outros cans, son moi tranquila. Á xente, con todo, non me achego moito, míroos a distancia. Neste aspecto fun mellorando pouquiño a pouco e cando entra alguén que coñezo moito no recinto e todos os meus compañeiros van como tolos a buscar mimos, eu achégome timidamente e déixome acariñar un pouco. Necesito uns donos que teñan un pouco de paciencia e ganas de ensinarme que o agarimo da xente é igual de bo que o dos meus compañeiros perrunos. Ás veces pregúntome por que os meus irmáns foron adoptados e con todo ninguén se fixou en min en tantos anos. Espero non pasar aquí toda a miña vida e poder coñecer o que é ter unha familia. Se estás interesado en darme unha oportunidade chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org) ou contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia)

Información adicional

Información adicional

Especie

Raza

Sexo

Tamaño

Data de nacemento
Na prote dende 06/09/2011