Ana

SKU: 661 Categoría:
Descrición

Descrición

Ola son Ana, unha mestiza de tamaño mediano. Son un pouco tímida e fuxidía, sobre todo ao principio. Necesito tempo para coñecer a alguén e sentirme confiada. Cando entra no meu recinto alguén que non coñezo, póñome moi inquieta e non paro de moverme dun lado a outro. Cando limpa o recinto un voluntario que non coñezo moito, mesmo me escapo á hora de entrar no recinto outra vez e doulle un pouquiño a lata. Cando xa coñezo a alguén, xa estou tranquila e deixo de facer todas esas cousas. Non teño problemas cos meus compañeiros. Necesito a alguén que teña paciencia ao principio porque despois, unha vez gañada a miña confianza, serei unha cadela cariñosa e fiel. Se estás interesado en darme unha oportunidade chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org) ou contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia)

Información adicional

Información adicional

Especie

Raza

Sexo

Tamaño

Data de nacemento
Na prote dende 30-03-2014