O pequeno Hope apareceu baixo un coche en Vilagarcía. Estaba a berrar e era moi chiquitín (unhas tres semanas). Unha casa de acollida rescatouno, e uns voluntarios acollérono e alimentárono a biberón. Estaba en tan mal estado que en principio non se contaba con que sobrevivise. Non queda nada agora daquel gato que chegou a nós minúsculo, deshidratado, enfermito…Aquí tédelo! Enorme e aposto.
Cóntanos a súa familia que lle chiflan os espazos reducidos, como podedes ver… Tamén os peluches dos nenos e batas ou mantas de tacto suave e pelo longo…E vixiar aos nenos durante o seu baño… Un día destes lánzase e acompáñaos! É todo felicidade, e nós alegrámonos enormemente!
ADOPTA, NON COMPRES!
Recent Posts