In Sin categorizar

Só podemos dicir GRAZAS. Agradecer unha e mil veces aos nenos de 3ºB de primaria do colexio da Lomba e á súa profesora Fátima polo seu marabilloso proxecto. Un proxecto piloto que se atopa dentro do programa Móvete promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para a formación no voluntariado na educación primaria.

Os nenos/as, elixiron como campo para desenvolver as súas accións, o dos animais, polo que decidiron colaborar coa Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa. No seu blogue http://asaranhasdoceipalomba.blogspot.com.es poderedes ver todas as accións que levaron a cabo, entre as que se atopan unha visita á protectora, curtametraxes para concienciar sobre a adopción e o abandono, unha obra de teatro para recadar fondos e un paseo solidario dos cans da protectora.

De novo GRAZAS, foi un auténtico pracer desenvolver este proxecto convosco e unha honra que nos elixirades!!!!

Recent Posts