In Sen categorizar

Como sabedes, estamos desbordados no refuxio… Temos moitos gastos e poucos ingresos, necesitamos acollidas, voluntarios, necesitamos a vosa axuda…
Agro de Bazán doounos unha botella de viño albariño Gran Bazán Ámbar de 1,5 litros para levar a cabo unha rifa solidaria e poder recadar fondos. Serán 100 números do 00 ao 99, a 2 euros cada un.
Se vos interesa comprar algún escribídenos un privado. Só se publicarán os números pagos.
Para efectuar o pago, podedes facer o ingreso na nosa conta bancaria:
ABANCA: 2080 5542 26 3040000457.
E tamén por PayPal:
tesoreria@protectoravilagarcia.org

Por favor, poñede no ingreso o concepto RIFA AGRO DE BAZÁN e quen ingresa. O número gañador será o que coincida cos dous últimos do sorteo da ONCE que se celebre o día que establezamos cando xa se venderon todas as rifas. Moitísimas grazas pola vosa participación e pola vosa difusión.
Ao participar no sorteo, aceptades que publiquemos xunto aos números que elixísedes, o voso nome, para poder logo avisar a quen lle toque o premio.

MOITA SORTE A TOD@S !!

Aquí facilitámosvos o link que vos leva á páxina do evento en facebook, e onde poderedes comprobar os números dispoñibles:

https://www.facebook.com/events/1566611383596807/

Recent Posts