QUEN SOMOS
A Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa (APAV) é unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica a recoller animais en situación de abandono, desamparo ou malos tratos, tratando de darlles unha vida digna e de atopar un fogar responsable para eles. Fundada no ano 1994, a asociación xorde grazas á preocupación, o traballo e a ilusión dun grupo de persoas preocupadas polo crecente número de cans abandonados, as súas condicións de vida e a súa sorte. Grazas a aquela iniciativa existe hoxe a nosa organización, cuxa labor resulta absolutamente necesaria dada a falta de atención e desamparo do que son obxecto os animais por parte da lexislación vixente.
O noso refuxio está situado nun terreo cedido polo Concello e desde xaneiro de 2014 residimos en novo recinto construído expresamente para nós, dado que o antigo non estaba en condicións óptimas para o mantemento dos nosos animais e ademais estes desbordaban amplamente a súa capacidade e achábanse hacinados.
Na actualidade, por desgraza, volvemos atoparnos nunha situación similar. Contamos aproximadamente con 300 cans e uns 80 gatos, polo que necesitamos adopcións para aliviar esta saturación. Os nosos animais reciben manutención e asistencia veterinaria e entréganse completamente desparasitados e vacinados, coa cartilla sanitaria en regra. Se te animas, non dubides en contactar connosco.