Rabino
Descrición
Que tal! Eu chámome Rabino, e como podedes ver, a vida non me tratou de todo ben. Son moi maior, e cheguei á prote feito un farrapo. Viña cun colar moooi grande cheo de roña, todo o meu pelo enredado e cheo de rastas porque estaba moi sucio. Ten pinta de que a vida que levaba antes non era moi boa. Agora na prote non estou nun canil cos demáis porque son moi velliño, vexo pouco e teño que estar tranquilo. Por eso as coidadoras téñenme dentro do edificio das corentenas e polo día ando pola plazoleta á miña bola. Aínda que agora estou moito mellor que antes, iso seguro, o que me viría de perlas sería un fogar quentiño e tranquilo para pasar a miña xubilación. Pódesmo dar ti?
Se estás interesada/o en adoptarme chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org), contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia) ou por instagram.