Nona
Descrición
Chámome Nona e son unha femia mestiza de tamaño mediano, xa castrada.Xa levo tempo aquí e aínda non deixo que se acheguen ao meu, só movo o rabo cando me falan a certa distancia. Para algúns de nós resulta difícil superar os nosos medos, con todo o que vivimos. Como xa sei que a xente que me coida aquí non me vai a facer dano, mesmo xa non me escapo tanto como ao principio cando me van a dar unha pastilla ou poñer unha pipeta. Necesito que me adopte alguén que teña paciencia comigo e que me axude a sentirme segura e perder o medo definitivamente, dándome por suposto todo o agarimo que nunca tiven. Se estás interesado en darme unha oportunidade chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org) ou contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia)
Información adicional
Na prote dende | 13-06-2010 |
---|