Grisli
Descrición
Descrición
Ola! Son Grisli. Son un perrete moi guapo. Son bo e cariñoso. Moi sociable cos meus compñeros/as peludos/as. O único que non me gustan moito que me manipulen, póñome un pouco tenso. E de correas xa nin falar, póñome moi moi nervioso pero é que cando cheguei á prote viña cunha corda colgando, así que as voluntarias cren que seguramente estaba atado e non quero volver estalo. Só necesito agarimo e paciencia e seguro que aprendo enseguida. Se estás interesada/o en adoptarme chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org), contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia) ou por instagram.