Gordo
Descrición
Ola, chámome Gordo. Cheguei fai un tempo á prote sen ter nin idea de como ser can. Ao principio non sabía nin o que eran os mimiños nin as caricias. Co paso do tempo e dos días fun descubrindo o maravilloso que é estar con persoas que respetan o meu espacio e que van ensinando pouco a pouco o que é a vida. As miñas coidadoras cren que antes debía estar nunha finca solo ou algo parecido. Agora estou moito mellor, chámanme oso amoroso. Cada día gústanme máis os agarimos, son moi listo e aprendo moi rápido. Paseo moi ben pero cos outros cans non me levo de todo ben, polo que de memomento ata que non mellore máis sería mellor que fose a unha casa onde fose can único. Pero con paciencia, agarimo e traballo seguro que chego a ser un can equilibrado amigo de todos/as. Anímaste a axudarme a mellorar?
Se estás interesada/o en adoptarme chama ao 986160110, manda un mail (info@protectoravilagarcia.org), contacta por Facebook (https://www. facebook. com/protectoravilagarcia) ou por instagram.
Información adicional
Especie | Can |
---|---|
Sexo | Macho |
Raza | Mestizo tipo pastor |
Tamaño | Grande |
Data de nacemento | 01-03-2023 |
Desde | 26-03-2024 |