In Sen categorizar

Desde a Plataforma Non á Masacre de Cans en Pontevedra, queremos dar a oportunidade aos nenos que tantas veces queren alzar a súa voz, tendo criterio propio e non se lles escoita.
Esta historia real empezou da seguinte forma:

Desde unha aldeíña de Muel, en Zaragoza, un profesor creo a inquietude nun grupo de escolares con idades comprendidas entre 7 e 12 anos. Da seguinte forma, e como se desenvolvo?:

Un día, como tantos outros, chegou o circo á localidade citada anteriormente, e, para atraer ao público infantil: os nenos. Empezaron a publicitarse no colexio, César o profesor, deixo á hora do patio, que as persoas que representaban ao circo levasen, unhas serpes colgadas do corpo, os nenos despois de ver aquilo acudiron a clase todos felices e César, preguntoulles:

Gústavos o Circo? Todos asentiron coa cabeza e as súas caras de ilusión demostraban perplexidade. #Ante tal resposta, o docente, púxolles como traballo escolar, investigar a preto dos animais do circo!

O resultado foi que as caras deses nenos cambiaron por completo, ao ser eles mesmos os que descubriron a realidade da crueldade vivida polos animais, e, o sufrimento ao que se vían sometidos.

Desta maneira xurdiu e naceu, a primeira Protectora Virtual desenvolvida por nenos, chamándolle: O CUARTO FUCIÑO

O Cuarto Fuciño, convertido en Plataforma desenvolvo un traballo excepcional conseguindo:

– Premio Nacional Crea-Arte do ministerio de Cultura e Premio Nacional de Iniciativas.
– Premio Internacional Educared , estando apoiados por Jane Goodall´s, Premio Nobel.

Nós, realizamos un chamamento en Pontevedra para unirnos a este movemento!

O noso colectivo: Plataforma Non a Masacre de Cans en Pontevedra, é o resultado da unión das Protectoras da Provincia de Pontevedra, onde queremos e pensamos que os nenos teñen opinión , que tantas veces non se lles para atender as súas peticións e non se lles escoita. Esquecéndose a maioría dos seres humanos adultos, que son e serán as xeracións futuras.

Por esas razóns de peso, naceu desde o Cuarto Fuciño :
– Childrens for Animals , que é a unión e a forza de todos estes nenos a nivel mundial, existindo actualmente iniciativa en toda España, e nos países de América: México, Arxentina, Venezuela, etcétera…

A defensa da vida animal, e, o desenvolvemento de todo este proxecto actual deu o obxectivo cumprido dun formato en base á educación en valores, facía os nosos menores.
Por estas razóns e outras tantas de vital importancia:

– O vindeiro sábado, día 15 de Decembro con horario comprendido entre as 12:00H e as 14:00H, na Praza da Herreria (Pontevedra cidade) :

Desenvolverase e terá lugar a primeira Concentración de Childrens for Animals. apoiados pola nosa Plataforma onde os menores, adolescentes, etcétera…, expresarán as súas opinións da seguinte forma:

– Plasmasen os seus sentimentos facía os animais, nun mural que terán que debuxar, pintar ,e, noutro onde expoñerán as súas frases e opinións.
– Libro de firmas infantís.
– A maiores teremos animación de malabares.

Recent Posts