A pequena Lisa chegou un domingo ao refuxio. Algún indesexable acabábaa de tirar desde unha ponte á estrada, nunha bolsa de lixo. Afortunadamente, unhas persoas viron caer o paquete, correron a ver que había dentro, e era ela, cunhas semanas de vida. Tivo moitísima sorte, a caída non lle provocou ningún dano, aínda que si tiña problemas para camiñar. Alguén se desfixo dela pensando que non volvería camiñar ou que morrería. Con todo, non se saíu coa súa. Lisa estivo nunha estupenda casa de acollida e a tratamento para fortalecer os seus ósos e en só unha semana… camiñaba!!
Agora xa está perfecta e fermosa. Deixámosvos unha foto dela no seu novo fogar, onde é a raíña da casa e a máis consentida. Aproveitamos para dar grazas á súa casa de acollida e ás súas adoptantes. Lembrámosvos que axudando a un animal, non só lle dais unha nova vida e salvádeslle a el, senón que grazas a iso queda un oco para acoller a outro que o necesite.
NON COMPRES, ADOPTA!!