In Sin categorizar

Hoxe foi un día raro…

Empezamos a mañá cunha grata sorpresa!

Cando chegamos a abrir atopámonos cunha caixa na porta. E que había dentro??

Pois nin máis nin menos que 7 cachorros. Sete cachorros case comprimidos (que nin unha caixa decente…)

Pero ao final non eran 7 se non 8, un deles saíuse e sorte que o atopamos… a saber que sería do si non…

Con isto só queremos darlle as grazas á persoa (se, persoa…) que nos deixou este gran agasallo. Estamos ata arriba e seguimos sumando. “Grazas”

E todo isto grazas ás persoas que non cren na esterilización, que solucionan os «descoidos» así, abandonando aos cachorros non desexados…

Esta non é a primeira vez que pasa. E non é a primeira camada de cans que ven que son da mesma nai. Hai formas de solucionalo. O abandono non é unha delas.

Desde a protectora desexamos que estes casos deixen de repetirse.

Necesitamos que todo o mundo poña un pouquiño do seu parte e que a sociedade cambie a súa forma de pensar.

Pois a historia repítese……..unha e outra vez. Os protagonistas esta vez son 12+1. Doce cachorritos nun estado lamentable, nunha caixa para o pan e unha mamá, que aínda que non é mamá ao completo, compórtase coma se fóseo. O seu carita de pena dio todo, a saber o que pasarían.

Por desgraza, non será a última vez…….

Recent Posts