In Sin categorizar

Kirk foi abandonado con tan só uns mesitos. Lonxe de desanimarse, na Prote era un perrillo alegre e cariñoso. Uns meses despois da súa chegada tivo a inmensa sorte de ser adoptado por unha boa familia. Hannos envíado estas fotos do pequeñín na súa nova vida e, sobre todo, escríbennos estas fermosas palabras:

«É un cachorro moi cariñoso e juguetón. Encántalle durmir connosco e que xoguemos a correr detrás del. Se o deixo só enfádase moito; porque non lle gusta nada. Desde o primeiro día pórtase moi ben. Aínda que é moi asustadizo das persoas.Non lle gusta que ninguén se achegue ao meu porque é celoso. Leva un mes connosco e en casa xa lle temos moitísimo agarimo. A xente debería adoptar a cans da protectora porque con darlles agarimo xa son tan felices.

GRAZAS POR ADOPTAR E POR RECOMENDAR A EXPERIENCIA A OUTRAS PERSOAS!!

Recent Posts